O cabo redondelán expulsado do Exército por opoñerse ao franquismo, distinguido como “Republicano de Honra”

Aínda que este ano a data fica ocultada pola pandemia do coronavirus, este martes é 14 de abril, Día da República. Como todos os anos, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña celébrao con diversos actos públicos que teñen o seu colofón coa celebración da Cea da República, na que se entrega a Distinción de Republicano/a de Honra, que nesta ocasión premia ao cabo redondelán Marco Antonio Santos, expulsado do Exército o pasado mes de novembro por asinar o ‘Manifesto en contra do Franquismo nas Forzas Armadas’.
[…]
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica subliña que foi expulsado por “apoiar os valores democráticos da Constitución española, e por denunciar o enquistamento da ideoloxía franquista nunha institución que debería defender eses valores servindo e amparando ao pobo español en democracia”. A CRMH engade que por todo o sucedido “e tamén polo seu ideario abertamente republicano”, o Cabo Santos é “un exemplo da defensa dos valores democráticos e republicanos, da lealdade á Constitución e á Democracia do noso país fronte á ‘anti-España’ dun pasado fascista que non damos deixado atrás, e da coherencia coas súas ideas como militar ata as derradeiras consecuencias”.
[…]
Podes ler o artigo completo do xornal Praza.gal en:
https://praza.gal/movementos-sociais/o-cabo-redondelan-expulsado-do-exercito-por-oponerse-ao-franquismo-distinguido-como-republicano-de-honra